Eliminación da conta

Borrado de conta

Consta de dous pasos:

  • Paso 1: Solicitude do código de confirmación para o borrado da conta de usuario/a ou enderezo electrónico.
  • Paso 2: Confirmar borrado de conta

Paso 1 Solicitude do código de confirmación para o borrado da conta de usuario/a ou enderezo electrónico.

Paso 1.1 Confirmación de datos

Para solicitar o borrado da conta de usuario debe coñecer o código PIN.

Paso 1.2 Selección de método de envío do código de confirmación

Nesta páxina pode solicitar o borrado da súa conta de usuario/a ou correo electrónico introducindo os datos solicitados. Como aclaración destacar que o código postal permite verificar a validez actual do enderezo particular do que dispón este servizo.

Unha vez introducidos estes datos enviaráselle unha carta, ao seu enderezo postal ou ao centro de destino, cun código de confirmación para que poida confirmar a solicitude de eliminar a conta. No caso de funcionarios con destino definitivo nun centro daráselles a opción de recibir a carta no seu centro, pero en calquera caso o código postal inserido debe ser o do seu enderezo postal persoal.

No caso de que o código postal do enderezo particular ou os seus datos persoais non coincidan cos que temos rexistrados, debe comunicar os datos correctos aos servizos de persoal da unidade territorial correspondente para o caso de persoal de centros educativos públicos. No caso dos centros educativos privados debe poñerse en contacto co/a director/a do seu centro.

Para calquera aclaración ou dúbida pode poñerse en contacto coa Unidade de Atención a Centros.